Candelas participa nas primeiras xornadas sobre cafés históricos

 

fecha post 25/04/18

Cafés Candelas será a marca de café das xornadas Os Cafés, Patrimonio Cultural a través do tempo que se van desenvolver entre o 3 e o 5 de maio na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela. A iniciativa, pioneira en España, ven reivindicar o papel destes establecementos e a súa visibilización como “un patrimonio cultural, abordando o pasado, analizando o presente e debatendo sobre as pautas culturais para a súa continuidade”, en palabras do director de contidos do evento, Fernando Franjo.


As xornadas reunirán a máis dunha trintena de expertos internacionais no sector do café e da súa historia, ademais de especialistas en gastronomía, turismo e promoción cultural. As inscricións están abertas de balde na web  do evento, onde tamén se pode consultar o programa. Candelas prestará apoio económico á cita e porá o seu produto ao dispor dos participantes para os descansos.


O programa arrancará o día 3 con Mañá gastronómica. A ruta dos Cafés, na que participarán, entre outros, o barista Óscar de Toro, que dirixirá unha degustación de café con produto de Cafés Candelas. O chef Alberto Lareo falará da maridaxe do café na cociña en Galicia e o xornalista e gastrónomo Miguel Vila percorrerá a historia da utilización do café e o seu tránsito de infusión a uso culinario.


Recoñecidos Cafés de España e Portugal como o Novelty de Salamanca ou o Santa Cruz de Coimbra debaterán sobre Os Cafés Históricos Europeos, e a xornalista Trinidad Palacios abordará os vínculos entre o café e o feminismo. 


O día 4 centrarase no Patrimonio turístico e a súa reinterpretación, a cargo da profesora da Universidade da Coruña María Elvira Lezcano e do escritor Alfredo Conde. A investigadora e especialista na vida e obra de Torrente Ballester, Carmen Becerra abordará nun coloquio o tema: O fenómeno do faladoiro: dende a butaca ao café de banqueta.  

 

Presentación da Ehica

 

O venres 4 tamén terá lugar a presentación oficial en España da Ehica (European Historic Cafes Association) nun acto que correrá a cargo do presidente de Ehica, o grego Vasilis Stathakis, propietario do emblémático Café Kipos de Creta e será presidido pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, de Santiago, Marta Lois.


A asociación, creada no 2014, é a única entidade neste eido con alcance continental e reúne na actualidade a máis dunha vintena dos cafés históricos máis emblemáticos de Europa, entre eles, o Café Casino de Compostela.

A xornada do sábado, 5 de maio abordará A promoción e xestión cultural nos Cafés galegos co xestor cultural José Víctor Carou e  distintos promotores culturais de Compostela.


As Xornadas Os Cafés, Patrimonio Cultural a través do tempo contan co apoio de Cafés Candelas, da Fundación Gonzalo Torrente Ballester; Galicia Calidade; Consorcio de Santiago de Compostela; Gadis; NH Collection Santiago; os Cafés Casino, Airas Nunes, Venecia, Novelty de Salamanca e Santa Cruz de Coímbra; o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; o Centro Superior de Hostalería de Galicia; o CIFP Compostela; a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia; o restaurante Manso; Tartas Ancano; Kopiko e a empresa Ponle Cara al Turismo.

Todos los post
Últimos comentarios
Facebook

© Cafés Candelas S.L., 2013

Rúa dos Transportes, 7. Polígono de O Ceao. 27003 Lugo (LUGO) Tel: +34 902 996 500 / info@cafescandelas.com

SOMOS
CANDELAS

Somos sabor, somos aroma, somos tradición. Somos café.

cafescandelas.com
BOLETÍN
CANDELAS

La manera más fácil y cómoda de comprar todos los productos.

Regístrate y benefíciate de nuestras promociones especiales.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rechazar Cookies Más información