Xuntos pola inclusión, un evento polo Día Internacional da Discapacidade

 

fecha post 03/12/25

A Fundación Breogán, co apoio de Cafés Candelas, organiza o próximo 10 de decembro o evento “Xuntos pola inclusión”, unha xornada aberta e participativa para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A cita terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e está dirixida a todas as asociacións e colectivos lucenses que queiran sumarse a esta celebración.

O evento contará cunha variada programación pensada para fomentar a inclusión, a diversión e a participación de todas as persoas, independentemente das súas capacidades. Entre as actividades previstas destacan:

  • De 10:00 a 13:00 horas: inchables deportivos, máquinas de arcade, xogos interactivos, touro mecánico, mini golf, pistas de slot, xogos populares e obradoiro de pintacaras.

 

  • De 13:00 a 14:00 horas: espectáculo do Mago Rafa, que sorprenderá a grandes e pequenos co seu show cheo de maxia e humor.

 

“Xuntos pola inclusión” nace co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a importancia da igualdade de oportunidades e a participación activa de todas as persoas, promovendo un espazo lúdico e de convivencia para asociacións e familias.

A entrada é libre e gratuita, e invítase a todas as asociacións de Lugo a gozar dunha xornada que combina entretemento, creatividade e concienciación social. 

Todos los post
Últimos comentarios
Facebook

© Cafés Candelas S.L., 2013

Rúa dos Transportes, 7. Polígono de O Ceao. 27003 Lugo (LUGO) Tel: +34 902 996 500 / info@cafescandelas.com

SOMOS
CANDELAS

Somos sabor, somos aroma, somos tradición. Somos café.

cafescandelas.com
BOLETÍN
CANDELAS

La manera más fácil y cómoda de comprar todos los productos.

Regístrate y benefíciate de nuestras promociones especiales.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rechazar Cookies Más información