fecha noticia 17/11/14
A imaxe dunha una empresa cercana, volcada na calidade dos seus produtos e no servizo ás persoas. Estes son os valores que Cafés Candelas transmite no seu novo video corporativo, un proxecto co que culmina un ano de intenso traballo na consolidación da súa nova imaxe.
O lanzamento do seu video corporativo é un paso máis na estratexia de posicionamento iniciada pola empresa cafetera nos últimos dous anos, nos que modernizou a súa imaxe de marca, renovou a súa tenda online e a súa páxina web corporativa e lanzou a súa primeira campaña publicitaria a nivel nacional, con spot de televisión.
Valores Candelas
O video corporativo xira en torno ao claim A Marca do café, co que Candelas se posicionou no mercado nacional como unha marca líder no sector, por experiencia, por servizo e por calidade. Baixo este concepto Candelas fai un guiño aos seus principais canais de comercialización: Horeca e Alimentación, que se ven representados no video como xesto de agradecemento e valoración por parte da compañía cafeteira.
No audiovisual preséntase ao café como un elemento primordial no día a día de millóns de persoas, unha bebida que forma parte dos momentos máis importantes das súas vidas. A taza é a representación máis cercana do café, pero detrás hai un complexo proceso que comeza nas orixes cafeteiras. E nese momento xa está presente Cafés Candelas.
Desde un punto de vista amable e cunha imaxe cálida e coidada Candelas recorda os seus máis de 40 anos de experiencia e tradición no sector, décadas que compartiu cos seus clientes ofrecendolles sempre o mellor. A orixe, a selección, o tostado diario, a calidade, a formación e a innovación son parte dos valores dunha empresa líder, comprometida cos seus clientes.
O audiovisual amosa todo o proceso do café a través de Candelas, con imaxes do traballo diario na planta e de cómo este traballo se plasma no día a día dos consumidores, tanto do canal Horeca como de Alimentación.
Calidez, amabilidade e contemporaneidade son a esencia da renovada imaxe de marca de Candelas, valores que tamén se transmiten no audiovisual corporativo.
Soportes corporativos
Cafés Candelas difundirá o seu novo video de empresa a través dos soportes corporativos: web cafescandelas.com, redes sociales e boletíns informativos, tanto a nivel interno como dirixido aos seus clientes, consumidores e proveedores.
O video corporativo está dispoñible no canal de Cafés Candelas en Youtube, a través do enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=Si0OtKkTQ88
Cifras de empresa
No ano 2013 Cafés Candelas comercializou máis de 5.000 toneladas de cafés, acadando unha facturación global de 50 millóns de euros. O canal de hostalaría concentra o maior volume de negocio da empresa, cunha porcentaxe do 85%, seguido do canal de alimentación, cun 13%. As vendas en vending e online supoñen xa o 2% do total de facturación.
Na actualidade, Cafés Candelas ocupa unha posición de liderato a nivel nacional no toste e comercialización de café no sector da hostalaría, ao tempo que se mantén como empresa punteira no mercado portugués de café.