logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

A nosa felicitación navideña

fecha noticia 12/12/14

Este ano queremos felicitar o Nadal dunha maneira especial, cunha imaxe moi persoal e significativa para a nosa empresa. Este ano a nosa felicitación navideña é o debuxo gañador do concurso infantil de debuxo convocado para os fillos dos nosos empregados.

 

A gañadora é Yanira, de 9 anos, de Castellón, que realizou un debuxo con grandes motivos navideños e no que Cafés Candelas ten un protagonismo especial. O café, a imaxe de Candelas, os regalos e Papá Noel son os protagonistas.

 

O segundo clasificado é Brais, de 2 anos, de Lugo; e o terceiro é Pablo, de 4 anos, de Valencia.

 

Os tres premiados levarán tarxetas regalo para cambiar nun establecemento comercial. Ademais, todos os participantes recibirán un obsequio de Cafés Candelas.

 

O mecanismo para elixir os tres debuxos gañadores consitiu na presentación anónima dos debuxos. Así, o xurado puntou todos os debuxos do 1 ao 5, sen saber os datos do autor (só coñecían a idade). Unha vez puntuados todos procedeuse a sumar as puntuacións, dando como resultado os tres debuxos máis valorados, que foron os gañadores.

 

O xurado estivo formado polos xerentes de Cafés Candelas, Ramón Alonso e Enrique Alonso; o responsable de RRHH, Jorge Sieiro; e a responsable de Marketing, María Díaz.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información