logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Accións especiais para o Nadal

fecha noticia 18/12/15

Un ano máis Cafés Candelas desenvolveu accións especialmente pensadas para celebrar o Nadal cos seus clientes e seguidores. Nesta ocasión lanzouse unha edición especial dos seus azucres e activouse en redes sociais a promoción #fandelanavidad, na que os participantes poden gañar un ano de produtos Candelas gratis.

 

O tradicional azucre de Candelas vístese de Nadal coa clásica árbore e cunha mensaxe vinculada á nova campaña. Neste caso Candelas declárase #fandelanavidad, por ser unha época especial, pola ilusión, polos reencontros, pola felicidade dos nenos e por moitas cousas máis.

 

O azucre vincúlase á campaña de Cafés Candelas coa que se premiará a todos os seus consumidores cun ano de produtos gratis durante o 2016. Todas as persoas que desexen participar nesta promoción deben subir o seu comentario explicando por qué son fans do Nadal, en Facebook, Twitter ou Instagram, empregando hastag #fandelanavidad. As persoas interesadas dispoñen de máis información da promoción en cafescandelas.com.

 

Candelas distribuirá máis de 40 millóns de azucres de Nadal nos establecementos hostaleiros de toda España durante os meses de decembro e xaneiro. Así, o tradicional café de Candelas estará acompañado por un azucre especialmente deseñado para invitar aos seus consumidores a participar na promoción, a compartir as súas mensaxes e a gozar do Nadal.

 

Con este lanzamento Cafés Candelas emprega os seus azucres, un dos soportes con maior presenza en Horeca, como soporte publicitario propio que azuda a promocionar accións e mensaxes da compañía.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información