logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Cafés Candelas renova a súa imaxe de marca

fecha noticia 01/04/13

A empresa lucense Cafés Candelas renova a súa imaxe de marca nunha aposta da compañía por modernizarse, adaptar a súa marca ás tendencias actuais e prepararse para a apertura de novos mercados internacionais. Cafés Candelas renóvase no ano en que cumpre o seu 40 aniversario como empresa dedicada ao torrado e comercialización de café no mercado nacional e internacional. A nova imaxe aplicarase tanto á marca en xeral como ás diferentes liñas de produto específicas e submarcas que posúe a compañía, como son Selectum Espresso, Supra ou Selectum Espresso Profesional, entre outras.

Na súa nova imaxe de marca mantense o café como elemento principal e créase un símbolo en que se conceptualiza o que é a empresa, o que fai e o que representa. Cafés Candelas torra e comercializa café, e isto é simbolizado no fogo e no gran de café, chaves da nova imaxe. Tamén se manteñen as cores castaña e laranxa na súa intención de dar continuidade a unha marca que tivo nelas un dos seus elementos de identidade chave ao largo da súa historia. Calidez, amabilidade e contemporaneidade son a chave dunha marca renovada que pretende transmitir aos seus consumidores e clientes os seus 40 anos de dedicación ao café e os seus obxectivos para un futuro cheo de retos e novos proxectos.

Nova tenda online

Neste proxecto global de renovación de imaxe Cafés Candelas lanzou a súa nova tenda online, un espazo renovado, máis atractivo á vista e máis accesible, con o cal pretendemos facilitar a compra aos clientes a través da Internet.

Os compradores online encontrarán agora unha "home" en que poderán acceder directamente ás distintas categorías de produtos: cafés, cápsulas, infusións, Comercio Xusto, cafeteiras, cafés de orixes, zona barista e outros produtos. Alén diso, un espazo cos artigos destacados permitirá realizar unha compra en función de ofertas ou produtos máis vendidos. Calidade, rapidez e servizo son as chaves deste novo espazo de compra. A nova tenda online dispón tamén dun Club, un espazo reservado para os consumidores da marca en que os membros se beneficiarán de ofertas exclusivas, descontos e informacións directas sobre os produtos da marca. O obxectivo: premiar os clientes pola súa fidelidade e crear unha imaxe de compañía máis próxima ao consumidor.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información