logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Campionato internacional de escolas de hostalaría en Foz

fecha noticia 01/02/13

Estudantes de quince escolas de hostalaría de España e Portugal terán unha cita durante os días 4, 5 e 6 de febreiro en Foz, onde se celebrará a final do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría 2013 e o I Campionato Internacional de Catas de Café de Escolas de Hostalaría 2013. Este encontro xirará en torno ao mundo do café, a súa preparación e a súa degustación, ao tempo que abordará ao detalle a latte art, a técnica referida á creación de deseños na superficie dos café espresso preparados por un barista. A latte art está considerada na actualidade como o toque final a un capuccino exquisito, preparado coidando ao máximo os detalles.

Cafés Candelas está presente neste evento como empresa patrocinadora e como parte do xurado, de que fará parte Jose Manuel Portela, un experto barista membro da empresa lucense. Ademais, ofrecerá degustacións gratuítas de café nas instalacións e obsequiará os gañadores dos campionatos con lotes de produtos da marca Cafés Candelas.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información