logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Candelas lanza a nova liña de café natural ecolóxico

fecha noticia 01/08/13

Cafés Candelas lanzou unha nova liña de produto: o Café Natural Ecolóxico, un café 100% ecolóxico cuxa certificación garante que foi producido seguindo procesos respectuosos co medio ambiente e obtido mediante un sistema de produción agroalimentario ecolóxico que garante a calidade do produto.

O Café Natural Ecolóxico de Cafés Candelas conta coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e o Selo Europeo de Agricultura Ecolóxica. Estas certificacións garanten ao consumidor unha materia prima producida segundo as normas da agricultura ecolóxica, así como un produto controlado en todo o seu proceso de elaboración, envasado e comercialización. Alén diso, este tipo de agricultura supón unha serie de beneficios para o ambiente, xa que fomenta o desenvolvemento de sistemas produtivos máis responsables co ambiente natural e axuda a conservar a fertilidade do solo.

O Café Natural Ecolóxico se comercializa en paquetes de 1 quilo de café en gran natural e en paquetes de 250 gramos de café natural moído. Con esta nova liña de produto a empresa galega pon a disposición dos consumidores un tipo de café de gran calidade coa garantía de orixe ecolóxica.

Cafés Candelas dá un paso máis na súa política de responsabilidade social, xa que o Café Natural Ecolóxico se une á liña de Comercio Xusto lanzada recentemente. Con estas gamas de produto a empresa pretende contribuír a unha produción e comercialización de café máis responsable e sustentable, ao tempo que ofrece ao consumidor un produto de alta calidade cun valor engadido: o compromiso social e ambiental.

Os paquetes de Café Natural Ecolóxico estarán dispoñibles na web da tenda online de Cafés Candelas: www.tiendacandelas.com e nos lineares das grandes cadeas de alimentación.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información