USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar

logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

David Delfín presenta a nova imaxe de Sublime

fecha noticia 05/04/16

sublime davidelfin

Responsables de Cafés Candelas e David Delfín presentaron, no marco do Salón de Gourmets que se celebra en Madrid, a nova imaxe da liña de cafés Sublime de Cafés Candelas creada polo deseñador de moda David Delfín.


Esta nova imaxe aplicouse ás tolvas de café e a vaixela de Sublime, elementos que se distribuirán entre os establecementos hostaleiros que consumen esta variedade de café.


Con este proxecto Cafés Candelas quere apostar por unha imaxe moderna, actual e ligada a un deseñador de prestixio internacional como é David Delfín, para a súa liña de cafés premium.


Un deseño exclusivo realizado polo prestixiosos deseñador de moda David Delfín que aporta presencia e distinción a gama. A imaxe moderna e actual é un exercicio de creatividade que posiciona Sublime como un referente internacional no deseño e converte aos elementos da marco e ao propio café en obxectos de desexo.


Ao final da presentación terá lugar unha degustación de café Sublime para todas as persoas que se acheguen ao stand.


Sublime, espírito italiano


Sublime é un blend que recupera o espírito da tradición da auténtica tostadura italiana e a orixe 100% arábica. Esta gama, dispoñible nas variedades de natural e descafeinado, é para Candelas a cume da gama premium, a máxima expresión de café, un blend puro deseñado para satisfacer o pracer polo pracer.


Un gran fino e aromático que crea un café extraordinario, que ensalza o sabor de cada gota. A tostadura italiana imprime o carácter gourmet a Sublime, xa que engrandece o aroma de cada gran conservando o seu sabor orixinal e creando un corpo consistente e cremoso. A tostadura ideal para o perfecto espresso.


Notas de cata Sublime: corpo elevado, aroma intenso, acidez media-alta, persistente na boca.


Sublime, The Premium Coffee


Sublime forma parte da liña The Premium Coffee, a referencia top desta gama premium. Ademais da calidade de Sublime, un blend gourmet, a gama ofrece unha serie de servizos que aportan valor engadido aos clientes.


A exclusividade e excelencia de Sublime, gama que se comercializa exclusivamente na canle Horeca, tradúcese a toda a gama de elementos e servizos ofrecidos por Candelas aos seus clientes. Así, os hostaleiros dispoñen dun plan personalizado de formación e seguimento por parte de Candelas, así como unha serie de vantaxes e detalles comerciais pola súa fidelidade.


Ademais, a exclusividade de Sublime tradúcese na súa imaxe, deseñada polo prestixioso deseñador de moda David Delfin, que crea unha tolva e unha vaixela únicas, a altura dun blend especial.


Candelas, a marca do café


Cafés Candelas é unha empresa familiar con máis de 40 anos de experiencia no sector do café. Un exemplo de crecemento progresivo e sostible, evolucionando de pequena empresa familiar a compañía con implantación internacional na distribución alimentaria hostaleira.


O esforzo e dedicación das xeracións de Candelas convertérona na marca líder a nivel nacional en comercialización de café e complementos de canle Horeca, onde concentra o 85% das súas ventas. O negocio en alimentación supón o 13% da nosa facturación, mentres que o vending e a venda online ocupan o 1%.