USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar

logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

O obxectivo de Candelas para 2016: medrar e fidelizar

fecha noticia 18/01/16

Cafés Candelas marcou xa os seus obxectivos para o ano 2016: incrementar ata o 5% a súa facturación anual en base á diversificación de productos e liñas de negocio e en base á fidelización dos clientes. A empresa cafeteira, líder nacional no sector da hostalaría, rematou o ano 2015 con cifras positivas, pero é consciente de que a clave para manter o liderato no sector é apostar pola innovación e o investimento.
Durante o ano 2016 Cafés Candelas traballará para potenciar dúas liñas de negocio: exportación e vending, que ata o momento supoñen só o 3% e o 1% da facturación global da compañía, respectivamente. O plan de negocio ideado por Candelas promocionará estas liñas para que medren e acheguen unha meirande facturación á empresa. Neste senso, apóstase tamén polo lanzamento de novas referencias, novos produtos cos que incrementar o catálogo e cubrir as demandas do mercado e dos novos consumos.
Por outra parte, Candelas prestará especial atención ao seu pilar básico: os clientes, para o que traballará nun plan de fidelización co que ofrecer aos seus clientes os mellores produtos e servizos.
Calidade, innovación, formación e atención ao cliente serán as claves da compañía e marcarán as liñas durante o presente ano. O obxectivo é medrar, pero medrar de maneira sostible en todos os sensos, en volume de negocio, en imaxe de marca, en formación, en comunicación, en calidade. Só así se pode garantir o éxito e a permanencia dunha marca que conta xa con máis de 40 anos de experiencia no sector.
Balance 2015
Nos últimos anos o mercado do café en España experimentou un notable descenso na canle Horeca, mentres que resistiu mellor na canle de Alimentación. A pesar desta situación negativa, Candelas mantivo o nivel de investimento e a aposta pola innovación, claves para garantir o crecemento sostible e a permanencia da imaxe de marca positiva no mercado.

Só durante o pasado ano, Cafés Candelas investiu máis de 3 millóns de euros en melloras na cadea de produción, na creación dun novo espazo formativo nas instalacións e na promoción do plan de formación da empresa para empregados e clientes.

Grazas a esta aposta, Candelas mantivo os niveis de facturación durante os anos da crise. En 2015 Cafés Candelas comercializou 4.730 toneladas de produtos (4.705 toneladas de cafés e 25 toneladas de tés e infusións) e acadou os 53,4 millóns de euros  de facturación (un 6% máis con respecto a 2014), superando a cifra do ano 2014 fixada nos 50,35 millóns de euros e as 4.488 toneladas de produtos comercializadas. No ano 2013 Candelas rexistrou 4.471 toneladas de produtos comercializadas, cunha cifra de facturación de 49,56 millóns de euros.

Para o 2016 Candelas tamén ten previsto investir no lanzamento de novas referencias de produto.