Error
Por favor, cubra todos los campos.
fecha noticia 10/11/15
Cafés Candelas estivo presente na nova acción do Instituto Galego do Viño a través dunha ponencia dirixida polo responsable de Formación de Candelas, José Manuel Portela. Nesta ocasión o barista profesional de Candelas participou como formador no Curso Superior de Barman, impartido na Cidade da Cultura.
O curso de barman ofrece información completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira no mundo do bartender ou na coctelería. O programa formativo inclúe materias que garanten a alta cualificación dos asistentes e conta cun equipo docente formado por profesionais con anos de experiencia e con gran prestixio nacional e internacional.
Café e té
No marco deste curso o responsable de Formación de Candelas impartiu unha ponencia centrada no mundo do café e o té, desde o cultivo e recolección das plantas ata o seu envasado e preparación.
Ademais, os asistentes participaron nas catas de café; prepararon cafés e combinados; e practicaron a técnica de latte lart.
Convenio de colaboración
A participación de Candelas neste curso enmárcase no convenio de colaboración establecido entre Cafés Candelas e o Instituto Galego do Viño, co obxectivo de promover a formación de barmen e sumilleres galegos.
A participación dos baristas formadores de Candelas nos cursos do Instituto Galego do Viño promove o coñecemento especializado do mundo do café, de grande importancia no sector da hostalaría, e permite avanzar na cultura do café. Para Candelas, esta colaboración é unha oportunidade para achegar valor ao sector da hostalaría de Galicia como motor de desenvolvemento na comunidade e formar parte de iniciativas importantes creadas desde todos os eidos sociais co obxectivo de xerar riqueza.
USO DE COOKIES
Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información