logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Presentado o libro 50 Cafés Históricos de España e Portugal

fecha noticia 12/12/14

O coñecido Café Casino de Santiago de Compostela foi o escenario da presentación, o xoves 11 de decembro, do libro 50 Cafés Históricos de España e Portugal, unha obra do xornalista e escritor Fernando Franjo. O volume, editado por Alvarellos Editora, contou coa colaboración de Cafés Candelas para a súa publicación.

 

A presentación, a modo de tertulia, contou coa participación do autor da obra, Fernando Franjo; responsable de Alvarellos Editora, Quique Alvarellos; e o escritor Suso de Toro. Ademais, durante o encontro, os asistentes tiveron a oportunidade de degustar cafés elaborados polo responsable de Formación de Cafés Candelas, José Manuel Portela.

 

Guía histórica
Por primeira vez os cafés históricos da Península son os protagonistas dunha publicación escrita. Cincuenta museos vivos reunidos nun libro de viaxes único. Un percorrido histórico, literario e humano, ilustrado con 330 fotografías e documentos de época, e co prólogo de Antonio Bonet Correa.

 

O itinerario comeza no Café Casino de Santiago de Compostela e remata no Comercial de Madrid. No seu percorrido detense, describindo e ilustrando a historia e singularidades de míticos locais cafeteiros da península como o Café do Centro de Lugo, o Derby de Santiago, o Dindurra de Gijón, o Iruña de Bilbao, o Royalty de Cádiz, A Brasileira de Lisboa, O Mayestic de Porto, o Novelty de Salamanca o el Gijón de Madrid.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información