logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Restaurantes contra el Hambre volve para salvar Vidas

fecha noticia 15/09/16

restaurantes contra el hambre

Cafés Candelas patrocina por segundo ano consecutivo a iniciativa solidaria Restaurantes Contra el Hambre. Trátase dunha campaña da ONG Acción contra el Hambre apoiada pola Asociación Española de Hostalería, que ten como obxectivo acabar coa desnutrición infantil.

¿En qué consiste Restaurantes contra el Hambre?

Os restaurantes participantes seleccionan pratos ou menús das súas cartas e asignan un donativo de entre 0,5€ e 2€ por cada un que adquiran os seus clientes. Acción Contra el Hambre encárgase de proporcionar materiais promocionais a cada establecemento para facilitar a comunicación da campaña.

A pesar de que os pratos solidarios non se poderán degustar ata o 15 de setembro, Candelas atópase en pleno proceso de captación de restaurantes. O ano pasado inscribíronse a través da rede comercial da empresa 54 hostaleiros. Se tes un restaurante e queres participar nesta iniciativa solidaria, contacta có teu comercial de Candelas e axúdanos a salvar vidas.

O ano pasado recaudáronse 160,000€ entre 861 establecementos. Nesta sétima edición, prevese superar estas cifras de donativos e aumentar o número de restaurantes participantes. Máis dun centenar de establecementos participan este ano gracias a gran labor da nosa rede comercial. E ti? Súmaste?

Joan Roca, un padriño de excepción

Este ano o reputado Chef Joan Roca foi elixido para apadriñar a iniciativa e polo tanto converteuse na cara visible da campaña de captación de restaurantes. Ao cociñeiro acompáñano outros recoñecidos compañeiros como Quique Dacosta, Paco Morales ou Koldo Roder.

¿Qué ocorre cos fondos recadados?

Os fondos recadados por medio da iniciativa Restaurantes Contra el Hambre axudarán a máis de 15 millóns de persoas. Acción Contra el Hambre combate a desnutrición garantindo o acceso a auga potable e a seguridade da poboación de máis de 45 países.

A comida terapéutica a base de cacahuete que se necesita para salvar a vida dun neno so costa 40€. Por ese motivo, cos donativos de Restaurantes contra el Hambre é posible proporcionar tratamiento contra a desnutrición aguda a miles de nenos.

¿Cómo colabora Candelas nesta iniciativa?

Puxemos en marcha unha campaña dende o mes de xuño que comezou cunhas xornadas de formación a toda a rede comercial a cargo do persoal da ONG. Dende ese momento, os nosos promotores traballan para conseguir o maior número de restaurantes posibles.

Xa son 130 os establecementos que incorporaron ás súas cartas o menú solidario a modo de donativo. Grazas ao esforzo da rede comercial de Candelas o número non deixa de crecer. ¡Ánimo! E lembrade que este esforzo ten premio.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información