logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Visita ao obradoiro ocupacional de Aspnais de Lugo

fecha noticia 03/12/14

Responsables de Cafés Candelas visitaron o 3 de decembro de 2014 o obradoiro ocupacional de carpintería de Aspnais (Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo), onde foron recibidos polo Presidente de Aspnais, José Reigosa García, e a secretaria da Xunta directiva, María del Carmen González Lagarón. Neste obradoiro ocupacional elaboranse as caixas de madeira da liña de tés e infusións Tea of Life.

 

Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, responsables de Cafés Candelas compartiron unha xornada con traballadores e usuarios de Aspnais, para coñecer ao detalle o proceso de elaboración das caixas e intercambiar experiencias sobre este traballo. Ademais das caixas de Tea of Life, en Aspnais desenvolven outros traballos por encargo de Candelas, como o envasado e retractilado de partidas de produtos destinados a cadenas de alimentación.

 

No transcurso da visita os asistentes compartiron un almorzo con café e outros produtos cedidos por Cafés Candelas.

 

Responsabilidade social
A colaboración establecida entre Cafés Candelas e Aspnais forma parte da política de responsabilidade social corporativa asumida pola compañía, consciente do compromiso que debe asumir co seu contorno económico, social e ambiental.

 

Aspnais
Esta entidade, constituída no ano 1966, ten como obxectivo integrar social e laboralmente a persoas con discapacidade intelectual. Comprometidos con esta causa, desde Cafés Candelas impúlsanse proxectos que contribúen á integración deste colectivo e á mellora da súa calidade de vida. Actualmente a entidade conta con 40 traballadores e 138 usuarios.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información