USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar

logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

baristas

BARISTAS: SERGIO CASTRO

Para Candelas os baristas son unha figura clave para transmitir a cultura do café e para convertir á marca nunha referencia no saber facer. Experiencia, paixón e curiosidade son os rasgos que caracterizan aos baristas de Candelas.

 

Sergio Castro é o baristas referencia da zona centro, con sede na delegación de Madrid, e desde alí encárgase de formar e asesorar a hostaleiros clientes da compañía e de dar solucións aos seus compañeiros en materia barista.

 

Para Sergio Castro ocafé é a súa vida. De ampla formación e experiencia no sector, describe o seu café ideal como aromático, de lixeira acidez e cun punto de dozura. Sempre unha mestura equilibrada de arábicas. E sempre un ristreto, porque permite gozar de toda a calidade dun bo café.