USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar

logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

baristas

Candelas no Salón de Gourmets

En Cafés Candelas tivemos a oportunidade de participar no XXIX Salón de Gourmets, celebrado o mes de abril en Madrid.

 

Dispuxemos de stand propio, que foi o centro de todas as nosas actividades e presentcións. Un espazo único, de innovador e práctico deseño que se convertiu no punto de encontro para os nosos clientes e visitantes.

 

 

 

O noso equipo de baristas profesionais encargouse persoalmente de atender aos visitantes e ofrecer degustacións gratuítas. Os cafés espresso das nosas liñas Supra e Sublime foron os grandes protagonistas, pero ademais puidemos probar as variedades de Ébo Caffe Latte e Ébo Crema, que sorprenderon gratamente aos convidados.

 

Ademais, contamos coa presenza dunha pintora que realizou en directo varios cadros empregando una orixinal técnica: a pintura ao café. O café espresso serviu de base para os cadros, a modo de pintura, e chega ás obras de arte un toque distintivo e especial. O auténtico arte do café.