USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar

logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

baristas

JOSÉ MANUEL PORTELA, RESPONSABLE DE FORMACIÓN DE CANDELAS

O noso barista e responsable de Formación de Cafés Candelas, José Manuel Portela, é o encargado de transmitir os coñecementos precisos para elaborar un café perfecto. A materia prima, o café, é esencial, pero a técnica de preparación é tamén clave para garantir unha taza perfecta.

 

Con ampla formación en restauración eexperiencia de anos no mundo do café, José Manuel Portela ten a responsabilidade de formar tanto aos empregados da compañía como ás persoas que, por un ou outro motivo, se vinculan á marca.

 

Para José Manuel Portela o café é sinónimo de vitalidad, un produto con múltiples aplicacións culinarias, máis alá do perfecto café espresso. O café é un mundo de posibilidades no que, ante todo, é indispensable coñecer todas as técnicas para aproveitar ao máximo as súas cualidades.

 

Sobre gustos, a variedade favorita de café de Portela é o Gheisha Panamá, considerado como un dos máis exquisitos do mundo; e o blend perfecto é aquel que mestura con equilibrio as variedades Etiopía, Colombia e Guatemala, todos eles cultivados a máis de 1.500  metros de altitude, para que o gran desenvolva toda a súa calidade.