logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

POLÍTICA DE PRIVACIDADE. INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

¿Quén é ó responsable do tratamento dos teus datos?

  • Identidade: CAFES CANDELAS SL
  • Enderezo Postal: POLIGONO CEAO, RÚA DOS TRANSPORTES, N.7, 27003-LUGO
  • Teléfono: 982209025
  • Correo electrónico: privacidad@cafescandelas.com

  ¿Con qué finalidade tratamos os teus datos personales?

Se es cliente:
Tratamos a información coa finalidade de posibilitar a adecuada prestación do servizo solicitado, a facturación, así como para o envío de comunicacións publicitarias ou promocionais dos nosos produtos e/ou servizos.


Se participaches nun sorteo:
Tratamos a información co fin de xestionar o sorteo, a adxudicación e entrega do premio, así como para o envío de comunicacións publicitarias ou promocionais dos nosos produtos e/ou servizos.


Se te inscribiches nun evento ou formación:
Tratamos a información co fin de xestionar a participación no evento ou na formación, así como para o envío de comunicacións publicitarias ou promocionais dos nosos produtos e/ou servizos. Tamén tratamos as imaxes tomadas nos actos para dar publicidade aos mesmos, para usar nas nosas redes sociais, páxina web, newsletter ou nos medios de comunicación.


Se te puxeches en contacto a través do formulario web:
Tratamos a información co fin de xestionar a consulta, queixa, suxestión e/ou reclamación.


Se te rexistraches na nosa tenda online:
Tratamos a información para xestionar a alta na tenda online, posibilitar a axeitada prestación do servizo solicitado, a facturación, así como para o envío de comunicacións publicitarias ou promocionais dos nosos produtos e/ou servizos.


Se enchiches o formulario para unirte a nós desde a páxina web:
Tratamos a información para darte de alta na nosa bolsa de emprego.


Se enchiches o formulario para comunicar unha infracción:
Tratamos a información para xestionar a denuncia recibida.


¿DURANTE CANTO TEMPO CONSERVAREMOS OS TEUS DATOS?

Os datos persoais fornecidos conservaranse mentres se manteña a relación comercial co interesado e este non se solicite a súa supresión, tendo en conta os prazos previstos pola lexislación respecto á prescrición de responsabilidades.

¿CAL É A LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS TEUS DATOS?

Para tratar os teus datos baseámonos no consentimento que nos facilitaches ou na execución do encargo ou contrato.

¿A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS TEUS DATOS?

Poderanse ceder ou comunicar os teus datos:


                  Á xestoría, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable.
                  Á empresa de transporte, coa finalidade de realizar a entrega da mercadoría.
                  Á empresa de informática, coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas informáticos.
                  Ao despacho de avogados, con fin de recibir asesoramento xurídico.
                   Á empresa de consultaría e certificación, con fin de definir e auditar os sistemas de xestión implantados na organización.
                  Á empresa de vídeo vixilancia, co fin da vixilancia e seguridade de persoas, bens e instalacións.
                  Ás entidades bancarias, co fin de xestionar as transaccións económicas e o pagamento.


¿CALES SON OS TEUS DEREITOS CANDO NOS FACILITAS OS TEUS DATOS?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en CAFÉS CANDELAS S.L. estamos tratando os seus datos persoais ou non.
Tes dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado, á súa rectificación ou supresión, á limitación do seu tratamento, a opoñerse ao tratamento e á portabilidade dos datos.
Informámoste de que tes dereito a retirar o consentimento que nos outorgaras con algunha finalidade específica, así como a presentar unha reclamación perante calquera autoridade de control.
Podes exercer os teus dereitos de Protección de Datos por escrito en POLÍGONO CEAO, RÚA DOS TRANSPORTES, N.7, 27003-LUGO

¿COMO OBTIVEMOS OS TEUS DATOS?

Os datos obtivéronse directamente do interesado ou do seu representante legal.
A categoría de datos que se empregan son:


                                           De identificación: nome e apelidos, N.I.F., enderezo postal, teléfonos, e-mail, imaxe.
                                          Datos bancarios: para a domiciliación e/ou xestión de pagamento.
                                           Os necesarios para o mantemento da relación comercial. Facturación.


Cafés Candelas S.L. cumpre integramente a lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e os compromisos de confidencialidade propios da actividade comercial.


Cafés Candelas S.L. adoptou as medidas técnicas necesarias segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.


A información persoal recollida a través dos diferentes formularios, será utilizada para os propósitos definidos nos supostos anteriormente informados, así como para o envío de comunicacións comerciais e de marketing. O usuario ten a posibilidade de darse de baixa no envío de información promocional na ligazón situada na parte inferior de cada unha destas comunicacións.


Para que a información que tratamos estea sempre actualizada e non conteña erros, pedimos aos nosos clientes e usuarios que nos comuniquen, o antes posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal.


A información persoal compilada dos interesados almacénase en bases de datos propiedade de Cafés Candelas S.L., que asume as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade e integridade da información de acordo co establecido na normativa de protección de datos vixente.


O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos fornecidos, reservándose Cafés Candelas S.L., o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitara datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.


Recomendámosche que revises esta política frecuentemente para estar ao corrente do seu alcance e de calquera modificación que se poida levar a cabo.

 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información