Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.
Unha empresa familiar con máis de 40 anos de experiencia no sector do café.
Un exemplo de crecemento progresivo e sustentable, evolucionando de pequena empresa familiar a compañía con implantación internacional na distribución alimentaria e hostaleira.
Unha compañía líder como torradora e fornecedora de café no sector da hostalaría.
Unha marca forte, positiva e recoñecida, vinculada á tradición e ás boas experiencias no mundo do café.
MISIÓN, VISIÓN E VALORES
MISIÓN
Ofrecer cada día o produto de maior calidade a través dun servizo personalizado e directo; e contribuír no sector do café con coñecementos novos froito da investigación e da formación.
VISIÓN
Crecer no mercado nacional e internacional afianzando a marca como líder no sector, vinculándoa ás mellores experiencias no mundo do café e asociándoa á prestación de servizos de calidade e á comercialización de produtos de calidade superior.
VALORES
O noso mundo é o café. Todo o noso traballo ten como único obxectivo ofrecerche o mellor produto, un café con que viaxar ás auténticas orixes.
DECLARACIÓN DE VALORES
>Produtos de calidade
>Enfoque ao cliente.
>Investigación, desenvolvemento e innovación.
>Formación continua.
>Responsabilidade social.
>Liderado.
>Integridade.