Cafés Candelas e a Federación de Librarías de Galicia colaboran por primeira vez co obxectivo de dinamizar as feiras do libro de Galicia. A marca de café impulsa diferentes accións que se levarán a cabo en tres feiras do libro: a Feira do Libro de Ourense (8-11 de xuño), a Feira do Libro de Vigo (1-7 de xullo) e a Feira do Libro de A Coruña (1-10 de agosto).
‘Un café Candelas con...’ será unha das actividades principais en cada unha das tres feiras e convertirase nun encontro con destacados/as autores e autoras do panorama literario actual. A primeira sesión terá lugar o venres 10 de xuño na Feira do Libro de Ourense. Ás 18 horas os visitantes poderán participar nun encontro con IreniusX arredor de Poción de autoamor (Editorial Montena). A influencer viguesa conta con máis de 4,6 millóns de seguidores en TikTok e as súas creacións artísticas suben dos 50 millóns de reproducións. Creadora de contido, ilustradora, escultora ou tatuadora, todo o seu contido está ligado á arte e á creatividade.
O mesmo venres 10 de xuño ás 19 horas terá lugar o encontro ‘Un café Candelas con Defreds’, un espazo arredor de Ojalá (Editorial Espasa). Defreds é o nome utilizado polo escritor José Ángel Gómez Iglesias para asinar tanto a súa obra literaria como a súa presenza en redes sociais. É precisamente a través destas redes onde se deu a coñecer para o gran público, sobre todo en Twitter. Alí, na súa conta @defreds, o autor ten máis de 320.000 seguidores.
Outra das accións para dinamizar as feiras será o sorteo de 150 packs de libros e café. En cada feira sortearanse 50 packs entre todas as persoas que merquen un libro na feira e participen na dinámica proposta en redes sociais, etiquetando á libraría, á Federación de Librarías e a Cafés Candelas. O pack inclúe 2 libros e un lote de produtos da marca de café. As bases legais do sorteo poden consultarse aquí.
A colaboración coa Federación de Librarías de Galicia é un máis dos numerosos proxectos que Candelas apoia dentro da súa liña de patrocinios Live Inspired. Trátase dunha iniciativa de compromiso coa contorna co que Candeas pretende inspirar momentos creativos vinculados ao mundo da cultura.