logo Cafés CandelasCafé Candelas

MENÚ

Actualidade

Candelas inaugura o seu stand no Salón de Gourmets

fecha noticia 04/04/16

candelas salon gourmet

Cafés Candelas abriu hoxe as portas do seu stand no XXX Salón de Gourmets, que permanecerá aberto ao público ata o próximo xoves 7 de abril en Madrid. Coa súa participación nesta feira de profesionais do sector da alimentación, Cafés Candelas pretende dar a coñecer a súa oferta e posicionarse como a marca do café.


A xornada de inauguración da XXX edición do Salón de Gourmets contou cunha grande afluencia de público no stand de Candelas, onde os visitantes puideron degustar cafés, combinados de café, tés, e infusións elaborados polo equipo de baristas da compañía.

A actividade de Cafés Candelas continuará durante o resto da xornada no Salón de Gourmets có obxectivo de dar a coñecer a compañía, coa súa oferta de produtos e servizos, e establecer novas relacións comerciais.

Cafés Candelas ocupa un stand de 48 metros cadrados no pavillón 8 do recinto da feira IFEMA (stand 8F10). O stand será o centro da actividade da compañía na feira, onde amosará a súa oferta aos visitantes e onde porá en marcha degustacións e presentacións de novos produtos.


Blend Candelas

Tódolos días no horario xeral de apertura (de 10 a 19 horas) no stand de Candelas obsequiarase aos visitantes cunha mostra para que desgusten os seus blends de café. As persoas que se acheguen poderán levar unha bolsiña con café en gran ou, se o prefiren. poden moer o gran no propio stand e levalo así, moído.


As variedades dispoñibles son:


Sublime
Sublime Descafeinado
Esmeralda
Supra
Selectum
Ecolóxico
Comercio Xusto
Colombia

Degustacións
Tódolos días no horario xeral de apertura (de 10 a 19 horas) no stand de Candelas haberá degustacións gratuítas de produto. Os nosos baristas prepararán: cafés exclusivos, espressos, capuccinos e combinados de café. Tamén se poderán degustar outros produtos da marca como tés, infusións ou chocolates.


Os protagonistas sen dúbida serán os cafés espressos elaborados polos nosos baristas cunha coidada técnica e cos mellores blends.


Latte art


Durante a feira os nosos baristas amosarán a diario as técnicas de latte art coas que crearán combinados de café cheos de sabor e creatividade en taza.


Ébo, os combinados fríos


Ademais, tamén se ofrecerán degustacións de Ébo, a gama de bebidas frías de Candelas. Unha oportunidade única para gozar dunha completa liña que inclúe preparados de café, cremas xeadas e tés fríos. Diferentes combinados e sabores ideais como alternativa aos cafés e infusións quentes.


Sublime


O salón de Gourmets será o escenario da presentación oficial do novo packaging e a nova vaixela do blend Sublime, deseñados por David Delfin. Un café sublime, elaborado coa mellor selección de graos da variedade arábica. A tostadura italiana imprime o carácter gourmet a Sublime, ideal para elaborar o perfecto espresso, mentres que a imaxe do deseñador de moda lle outorga unha personalidade única e inconfundible.


A presentación terá lugar esta tarde a partires das 16,30 horas, no propio stand de Cafés Candelas.


Cata de cafés


Candelas organizará na Sala de Catas do Salón de Gourmets unha cata especial de cafés elaborados con cafeteras de filtros. Os asistentes, que deben contar con invitación para acceder a sala, poderán coñecer os métodos de elaboración de café coas cafeteiras especiais como chemex, de filtro ou aeropress, e ademais degustar os cafés.


Estes métodos de preparación de café son unha tendencia crecente entre os baristas e amantes do bo café. A cata terá lugar o mércores 6 de abril de 11,30 a 12,30 horas na sala de catas da feira.


 
 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Aceptar todas Configurar Cookies Rexeitar as cookies Más información